A Madre de Deus
- 273 -

Esta é como Santa Maria deu fios
a u ome bõo pera coser a savãa do sen altar.
 
 

A Madre de Deus que éste do mundo lum' e espello,
sempre nas cousas minguadas acorre e dá conssello.
 
Desta razon un miragre direy apost' e fremoso,
que fezo Santa Maria, e d' oyr mui saboroso;
esto foi en Ayamonte, logar ja quanto fragoso,
pero terra avondada de perdiz e de cõello.

A Madre de Deus que éste do mundo lum' e espello...
 
Ali á ha eigreja desta Virgen groriosa,
que é dentro no castelo, nen ben feita nen fremosa,
mas pequena e mui pobre e de todo menguadosa,
e campãa á tamanna qual conven ao concello.

A Madre de Deus que éste do mundo lum' e espello...
 
E os panos con que era ende o altar coberto
eran ricos e mui nobres, esto sabemos por certo;
e per cima da eigreja era o teito coberto;
e ostias y menguavan e vynno branqu' e vermello.

A Madre de Deus que éste do mundo lum' e espello...
 
Ond' avo na gran festa desta Virgen en Agosto
que entrou u ome bõo, e viu estar desaposto
o altar e disse logo: «Par Deus, muit' é gran dosto
d'o feito da Virgen santa seer metud' a trebello.

A Madre de Deus que éste do mundo lum' e espello...
 
E pero ora non tenno pera dar y offerenda,
coserei aquestes panos daquest' altar sen contenda,
se poder achar agulla ou fios ou quen mios venda,
pois que malparado vejo jazer aqueste zarello.

A Madre de Deus que éste do mundo lum' e espello...
 
E maa ventura venn' a quen altar assi desbulla:
e poren buscade fios, amigos, ca eu agulla
tenno que non á tan bõa daqui ata Ribadulla
pera cose-los mui toste, pero que vello semello.

A Madre de Deus que éste do mundo lum' e espello...
 
Per cousa que el fezesse nen dissesse nen rogasse
a todos, non foi en preito que sol un fio achasse,
nen aynda enos panos do altar, pero provasse
de sacar end' u enteiro, nen quen lle dissesse dello.

A Madre de Deus que éste do mundo lum' e espello...
 
Estand' assi aquel ome por estes fios coitado
que os aver non podia, catou e viu a seu lado
pender de cima do onbro dous fios, e espantado
foi en muit' a maravilla, dizendo: «Non é anello

A Madre de Deus que éste do mundo lum' e espello...
 
Este miragre, mais novo; e por aquesto, varões,
ena Virgen groriosa ben ted os corações.»
E log' ant' o altar todos fezeron sas orações,
e mais lagrimas choraron ca cho un gran botello.

A Madre de Deus que éste do mundo lum' e espello...
 
E levantaron-sse logo, dando grandes adianos
todos a Santa Maria; e el coseu os panos
mui ben con aqueles fios e encobriu os danos,
a pesar do dem' astroso que é peor que golpello.

A Madre de Deus que éste do mundo lum' e espello...


 
 
 
RETOUR